• Mulleres Atlánticas - Comunidad

A COMUNIDADE + MISIÓN, VISIÓN, VALORES

Somos unha comunidade de mulleres emprendedoras do noroeste da Península que comparte un sentimento, unha cultura e unha visión. Servimos de punto de encontro para xerar sinerxías entre as mulleres emprendedoras galegas e do norte de Portugal.

O noso porto de destino é ese lugar onde se crean espazos de conexión tanto físicos como dixitais, entre mulleres atlánticas, que favorecen o crecemento e a creación en rede.

Remamos cada día unhas cantas millas para ser recoñecidas como unha comunidade de emprendedoras forte, cun sentimento arraigado e que busca ser a referencia no noroeste da península.

Comunidade, visibilidade e crecemento: esas son as correntes que nos moven e que nos impulsan para seguir navegando por todos os mares.

Gabi Otero

CO-FUNDADORA | DIRECTORA CREATIVA

Con formación na área da producción audiovisual, a publicidade, o deseño e os eventos, Gabi é a encargada da parte máis visual da comunidade así como da coordinación e organización dos eventos.

No seu proxecto propio, Baile de Mariposas, ofrece servizos de branding, organización de eventos e deseño de experiencias de marca.

Curiosa e creativa, a podes encontrar entre taboleiros de inspiración e canais sociais como Pinterest ou Instagram, descubrindo novos proxectos e ideas.

María Gómez

CO-FUNDADORA | DIRECTORA DE MK E COMUNICACIÓN

Formada en publicidade e relacións Públicas, especializada en planificación estratéxica, María é a responsable da estratexia de marca, marketing e comunicación da comunidade, así como da relación cos medios e colaboradores. 

No seu proxecto propio, DOGO Strategy, é a #plannerincrime de emprendedorxs e axencias, que necesitan unha compañeira de viaxe para realizar un plan de marketing e accións que lles acerque ao seus obxectivos. 

Observadora e inquieta, pódela encontrar rebosando enerxía por onde pasa, mergullando en datos e investigacións ou participando en mil e un saraos.

Atlántica - Andrea Fernández - La Platanera

Andrea Fernández

VIDEÓGRAFA

Chámase Andrea e o seu é contar historias. Sobrevivente na pequena illa de Arousa e muller orquestra onde as haxa. É a encargada de grabar os momentos atlânticos da comunidade a través de su óptica.

Apaixonada do seu traballo, convertido nunha filosofia de vida. No seu pequeno refuxio isleño creou La Platanera, un espazo onde organiza retiros artísticos e experiencias para xente con ganas.

Atlántica - Susana Estévez - Plumería fotografía

Susana Estévez

FOTÓGRAFA

Ela é toda luz e eso o reflexa nas fotografías que fai. Susana encárgase de retratar á comunidade da forma máis bonita e atlântica posible. A encontrarás nos eventos sacando o mellor de ti a través de su cámara.

No seu proxecto persoal, Plumeria Fotografía, dedícase a retratar momentos bonitos en bodas, sesións corporativas, de lifestyle e outras celebracións.

Atlántica - Ernestina Tatti

Ernestina Tatti

ASESORA LEGAL

Nuestra experta del orden y la legalidad. Tatti nos guía en esos caminos más oscuros y engorrosos que suelen suponer un freno. Es algo así como un GPS anti-problemas, fundamental a la hora de crear y mantener un proyecto.

De las mejores abogadas de Vigo y alrededores, puedes encontrarla en su oficina entre cafés y casos o defendiendo buenas causas en un juzgado.

Andrea Valencia

CREADORA DE CONTIDOS

Galega de nacemento, periodista e traductora de formación, Andrea encárgase de axudar na creación de contidos de calidade para a comunidade dende a bonita illa de Mallorca.

No seu proxecto persoal, axuda a emprendedoras a impulsar a comunicación dos seus proxectos a través de cuatro pilares: voz, narración, estrutura e emoción.

Caribay Camacho

PROTECCIÓN DE MARCA & EMAIL MARKETING

Dende Portugal para o mundo, Caribay axúdanos a levarnos ben co moniño de Mailchimp e no rexistro da marca, protección de datos e propiedade intelectual da comunidade.

No seu proxecto persoal, Marca Craft, axuda a emprendedorxs creativos a protexer as súas creacións e a que o legalés non sexa unha lingua indescifrable.

Esther Moraleda

DESENVOLVEMENTO WEB

Esther e Brisa, encárganse do mantemento, actualización e mellora constante da web de Mulleres Atlânticas. O código fonte é o seu idioma natural, pero a súa especialidade sen dúbida, é coidar os detalles.

Ademáis, Esther é a capitana de Ivory Soluciones, unha empresa de longo recorrido no desenvolvemento web e a programación ubicada na cidade de A Coruña. Se precisas unha web especial, ou queres que un equipo profesional se encargue da tecnoloxía da túa empresa, Esther é a túa Atlântica.

Carmen Coperías

FOTÓGRAFA

Atlântica de corazôn, Carmen forma parte do apoio fotográfico atlântico, con acento galego ainda sendo de fora e cunha sonrisa á proba de flash, ten unha visión especial de cada momento que retrata a través da súa obxectiva.

No seu proxecto persoal Rayo Nube Sol Photo, xunto á súa parella, encárgase de retratar momentos felices, en eventos sociais.

Gabriela Amor

VIDEÓGRAFA

Gabriela embarca na tripulaciôn para achegarnos o seu saber facer e dar moito amor ás navegantes a bordo, como xa o dí o seu apelido.

É unha emprendedora polifacética, das que nos gustan, cunha amplia traxectoria no mundo audiovisual e apoixoada polo xénero documental e o rol de guionista.

¿Ves a navegar con nós?

Consulta as vacantes disponibles ou cóntanos como che gustaría involucrarte!

Súmate á nosa lista de correo agora e pesca un 5% desconto en calquer membresía!

Formando parte da nosa rede recibirás de primeira man as nosas mensaxes embotelladas. Suscríbete agora para estar sempre á ultima das novidades e aventuras da comunidade e desfruta do teu desconto de BENVIDA en calquer produto da tenda Atlântica.

Acepto as condicións de uso e política de privacidade

A túa opinión é un tesouro para nós

Escríbenos as túas suxestións, as olas farán que nos cheguen

© 2019 MULLERES ATLÂNTICAS. TODOS OS DEREITOS RESERVADOS.
MAQUETADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO GUSTO PARA TODAS AS MULLERES ATLÂNTICAS.
IN PROGRESS, MELLORA CONTÍNUA E MANTEMENTO WEB DA MAN DO EQUIPAZO SALADO DE IVORY SOLUCIONES.