Mulleres Atlánticas - evento

CAFÊ A BORDO III | 14 DE DECEMBRO | CASTELBEL

O último Cafê a bordo do ano tivo lugar na tenda de Castelbel, unha marabillosa marca de xabóns e ambientadores, de luxo asequible, que xa exporta os seus productos a máis de 50 países. A nosa primeira visita a Portugal como comunidade non podería ser a outra cidade: Porto, a cidade invicta. Alí nos encontramos unhas cantas atlânticas, no emblemático Palácio das Artes, onde está ubicada a flagship store de Castelbel. Marta, a directora executiva, estivo con nós para contar a traxectoria da marca, un camiño cheo de probas que os fixo chegar onde hoxe están, ofrecendo unha experiencia de marca única, cunha producción cuidada ata o último detalle. As alí presentes também puidemos presentar os nosos proxectos e poñer en común a nosa visión sobre o emprendemento femenino no noroeste da Península. Un autêntico agasallo de cafê para rematar o 2018.

Organización: Mulleres Atlânticas | Fotografía: Thania Moreira

PORTO DE EMBARQUE: Castelbel Porto - Palácio das Artes
DATA: 14 de Decembro de 2018
HORA: 17h30 – 19h30

Ves a navegar con nós?

SUBE AO BARCO E NAVEGA POR RÎA, MAR OU OCÊANO.

Súmate á nosa lista de correo agora e pesca un 5% desconto en calquer membresía!

Formando parte da nosa rede recibirás de primeira man as nosas mensaxes embotelladas. Suscríbete agora para estar sempre á ultima das novidades e aventuras da comunidade e desfruta do teu desconto de BENVIDA en calquer produto da tenda Atlântica.

Acepto as condicións de uso e política de privacidade

A túa opinión é un tesouro para nós

ESCRÍBENOS AS TÚAS SUXESTIÓNS, AS OLAS FARÁN QUE NOS CHEGUEN

© 2019 MULLERES ATLÂNTICAS. TODOS OS DEREITOS RESERVADOS.
MAQUETADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO GUSTO PARA TODAS AS MULLERES ATLÂNTICAS.
IN PROGRESS, MELLORA CONTÍNUA E MANTEMENTO WEB DA MAN DO EQUIPAZO SALADO DE IVORY SOLUCIONES.