Xa está aquí a máis ansiada aventura do trimestre, un encontro de 4 horas para conectar, aprender e compartir experiencias empresariais con mulleres emprendedoras. Capitás de marcas valentes, sinceras e sostibles: Atlânticas de Corazón.

O xoves, 4 de abril estaremos na cidade de A Coruña, en horario de 16h a 20h, para desfrutar xunto a ti dunha tarde chea de emocións #atlânticas.

Temos moitas sorpresas e novas que contarche aínda, e por iso este espazo será actualizado de forma periódica nas vindeiras semanas. Se queres asegurar a túa praza para esta travesía xa podes mercar a túa pasaxe, nalgunha das modalidades que podes encontrar baixo estas liñas, e nas mellores condicións.

Recorda que as entradas a prezo especial son limitadas e despois so poderás adquirilas ao seu prezo orixinal: 60 euros, ive incluido.

Para calquera dúbida ou información lanza a tua botella a info@mulleresatlanticas.com

PREVENDA

29,90€

PRAZAS LIMITADAS

+ Acceso ao evento Atlânticas de Corazón do 4 de abril. (A Coruña)

+ 3 Ponencias de Atlânticas de Corazón

+ Picoteo e Networking Atlântico

ENTRADA

60€

PRAZAS LIMITADAS

+ Acceso ao evento Atlânticas de Corazón do 4 de abril. (A Coruña)

+ 3 Ponencias de Atlânticas de Corazón

+ Picoteo e Networking Atlântico

ENTRADA + MEMBRESÍA MAR

129,90€

PRAZAS LIMITADAS

+ Acceso completo al evento

+ Membresía MAR próximo trimestre (abril, maio e xuño) ¿qué incluye?

Cristina Fernández

CASA GRANDE DE XANCEDA

EXPERIENCIA EMPRENDEDORA NO RURAL GALEGO

Casa Grande de Xanceda é unha granxa ubicada en Mesía (A Coruña), das primeiras en apostar pola certificación ecolóxica sendo xa a segunda maior productora ecolóxica de España. Cristina e o seu equipo, apostaron por emprender no rural, e a pesar das dificuldades conseguiron facerse un oco no mercado. O próximo 4 de Abril, coñeceremos a súa historia, a historia de unha Atlântica de Corazôn.

Andrea Valencia

ANDREA VALENCIA

SAÚDE TEXTUAL

Andrea Valencia é Atlântica de Corazôn, o sal correlle polas veas a toda mecha,  por iso forma parte da nosa tripulaciôn pero ademáis, o seu son as letras. O próximo 4 de Abril estará na Coruña para contarnos por qué a forma de comunicarnos e cómo o facemos é un dos pilares máis importantes do noso proxecto. ¡Non virá soa! En algún momento poderá colarse certa personaxiña 'xurásica' no escenario. ¿Imaxínalo?

Cris y Bea

ANAQUIÑOS DE PAPEL

ATLÂNTICAS DE PREMIO

Cris e Bea ademáis de Atlânticas de Corazôn, son tamén Atlânticas de Premio. Nos seus máis de 7 anos de traxectoria teñen moldeado o seu proxecto, onde o papel é a materia prima, para conseguir conquistar tódalas miradas, xa non só en Galicia, senón tamén a nivel nacional. ¡Conseguírono! O próximo 4 de Abril na Coruña, compartirán con nós as súas aventuras nesta emocionante travesía que é o emprendemento.

Ana Tenorio

WITCHNEEDS

ATLÂNTICAS DE PREMIO

Ana é unha artista dos pés á cabeza que moldea pezas únicas que nos conectan co noso entorno natural. Unha conexión ás veces perdida que ela transforma en realidade. Estará con nós en Atlânticas de Corazôn, compartindo un pouquiño dela e de Witchneeds. As súas coleccións son moi persoais e a teñen levado a recorrer numerosas ferias e eventos e a crear colaboraciones tan bonitas como a actual, co coñecido chef Pepe Solla.

Actividades Sorpresa

PRÓXIMAMENTE

¿Queres colaborar coa organización do evento?

Se queres que a túa marca forme parte do evento, escríbenos agora mesmo!
Estamos desexando lerte. Recorda que valoraremos ideas e propostas ata o 22 de marzo.

Recibe cada mes

a túa mensaxe na botella!

Acepto as condicións de uso e política de privacidade

© 2019 MULLERES ATLÂNTICAS. TODOS OS DEREITOS RESERVADOS.
MAQUETADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO GUSTO PARA TODAS AS MULLERES ATLÂNTICAS.
IN PROGRESS, MELLORA CONTÍNUA E MANTEMENTO WEB DA MAN DO EQUIPAZO SALADO DE IVORY SOLUCIONES.