ATLÂNTICAS DE CORAZÔN | MULLERES ATLÂNTICAS

O 27 de Xuño foi unha tarde para recordar: xuntámonos máis de 60 mulleres emprendedoras no DIDAC, en Santiago de Compostela, desexando aprender e compartir unhas de outras. Estiveron con nós mulleres tan talentosas como Mercedes Zubizarreta de zubidesign.com e Montserrat Álvarez de heimat-atlantica.com. Fumos piratas e fumos capitanas, analizando qué vantaxes e desvantaxes forman parte de cada un de eses roles e escoitamos atentamente a entrevista ás artesás Idoia Cuesta e Paula Ojea que compartiron con todas as luces e sombras de seguir a vocación cando es unha artista. Para rematar, compartimos un ratiño de networking - que non pode faltar - onde puidemos conecerños un chisquiño e agudizar as ganas para a próxima tempada de eventos.

Organización: Mulleres Atlânticas | Fotografía: Plumeria Fotografía | Vídeo: La Platanera

PORTO DE EMBARQUE: DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas en Santiago de Compostela.
DATA:  27 de Xuño de 2019
HORA: 16h – 20h

 

Mercedes Zubizarreta

CO-FUNDADORA ZUBI
Xunto á súa irmá Elena creou no 2012 unha nova proposta creativa para aquel entón. Quén os coñece o sabe, falamos dos bolsos Zubi. Xa ninguén cuestiona o que é un Zubi, porque elas mesmas se encargaron que esa palabra, que ven do seu apelido, aglutinase todo o significado. Cando empezaron, o tiñan claro: deberían elexir cautelosamente os seus canais de comunicación e os seus medios de produción. Así puideron crecer chegando agora a exportar os seus produtos, nos que xa se inclúen pezas de roupa, a preto de 15 países entre os que están Xapón ou EEUU.

Montserrat Álvarez

FUNDADORA HEIMAT ATLÁNTICA
Se alguén sabe como sacar o mellor partido de cada tradición e xuntálo nunha soa peza, esa é Montserrat. Esta galega de nacemento e corazôn atlântico, tivo un soño que tiña que ver coa mestura entre elementos tradicionais da costa atlântica: o bolso de xunco portugués e a súa customización con pezas da xa coñecida marca Sargadelos ou as creacións con conchas de Montse Betanzos, e o que veu despois xa e maxia. Este soño levouna a cruzar o charco e estas xoias, creadas entre Galicia e Portugal, xa se pasean por cidades como NY e acaparan a atención das revistas de moda máis importantes.

Idoia Cuesta

FUNDADORA IDOIA CUESTA CESTERÍA CONTEMPORÁNEA

Xa hai tempo que Idoia rema con nós, a súa confianza nunha comunidade como a nosa e toda a súa arte e saber facer fixeron que non aguantaramos a vontade de escoitar todo o que a trouxo ata aquí. Ela será unha das entrevistadas do evento xunto con outras mulleres cheas de talento. O seu é crear coas mans pezas únicas, cheas de creatividade, o que a levaron a destacar e que lle botaran o ollo casas tan recoñecidas como a marca Loewe. Non importa o material, Idoia é quen de darlle vida e convertilo nunha peza orixinal á vez que funcional.

Paula Ojea

FUNDADORA OJEA STUDIO

Galega de nacemento, enxeñeira de formación, ceramista por paixón, e agora tamén profesión. Así poderíamos definir a Paula, unha creativa inconformista que sempre busca a maneira de estar na vangarda sen esquecer as orixes e o que trouxo ata aquí. No seu estudio, ubicado na cidade de Vigo, crea pezas de cerámica con toque propio. O seu desexo? Que todo o mundo sexa quén de recoñecer Ojea Studio detrás de cada creación polo seu estilo propio. Dende pratos a xarróns, as pezas desta artesá contan xa con un recorrido longo onde a inspiración e a creatividade poñen os límites.

Ves a navegar con nós?

SOBE AO BARCO E NAVEGA POR RÎA, MAR OU OCÊANO.

Súmate á nosa lista de correo agora e pesca un 5% desconto en calquer membresía!

Formando parte da nosa rede recibirás de primeira man as nosas mensaxes embotelladas. Suscríbete agora para estar sempre á ultima das novidades e aventuras da comunidade e desfruta do teu desconto de BENVIDA en calquer produto da tenda Atlântica.

Acepto as condicións de uso e política de privacidade

A túa opinión é un tesouro para nós

ESCRÍBENOS AS TÚAS SUXESTIÓNS, AS OLAS FARÁN QUE NOS CHEGUEN

© 2019 MULLERES ATLÂNTICAS. TODOS OS DEREITOS RESERVADOS.
MAQUETADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO GUSTO PARA TODAS AS MULLERES ATLÂNTICAS.
IN PROGRESS, MELLORA CONTÍNUA E MANTEMENTO WEB DA MAN DO EQUIPAZO SALADO DE IVORY SOLUCIONES.