MARÍA GÓMEZ

Mulleres Atlânticas - María
Mulleres aTLÁNTICAS - Ficha

Proxecto: DOGO Strategy
Sector: Comunicación & Marketing
Especialidade: Estratexia e plans de comunicación

Quero axudarte a desenvolver estratexias comunicativas adecuadas ás necesidades da túa empresa. Podo ser a túa compañeira de viaxe, a túa partner estratéxica, e que xuntas deseñemos a folla de ruta para a túa marca. Deseño e elaboro Plans de Marketing e Plans de Marca e Comunicación estratéxicos para axudarte a que os teus productos ou servizos cheguen aos teus clientes. ¿Xa te dixen que encántame o café? ¡Deberíamos tomarnos un e cóntocho todo, todo e todo!​

Intereses:

O marketing, a comunicación e a creatividade. Un trinomio que baixo o meu punto de vista sempre debe estar unido. Tamén adoro as persoas, e coñecer a proxectos e marcas bonitas, das que teñen un por qué na súa orixe e aportan valor á sociedade.

¿Qué podes ofrecer á comunidade?
Unha consultoría GO. Unha sesión de 30" vía Skype, para consultarme calquera dúbida sobre marketing e comunicación aplicada á túa marca.
Principal obxectivo de negocio:

Axudar a emprendedores e a empresas a definir unha estratexia de marketing e unha estratexia de marca alineadas cos obxectivos empresariais. A través da investigación poden encontrarse solucións que acheguen a marca aos seus obxectivos.

¿Qué revolucionaria o teu proxecto?

Sempre estou buscando colaboradores para diferentes proxectos, de todos os ámbitos que engloba a comunicación, pero actualmente estou buscando a colaboradores ou colaboradoras no ámbito da investigación de mercados.

¿Qué esperas recibir da comunidade?
Un espazo no que compartir, mellorar, crecer, coñecer e aprender da experiencia de mulleres maravillosas e valentes como as Atlânticas.

 

¿Ves a navegar con nós?

CONSULTA AS VACANTES DISPOÑIBLES OU CÓNTANOS COMO CHE GUSTARÍA INVOLUCRARTE!

Recibe cada mes

a túa mensaxe na botella

Acepto as condicións de uso e política de privacidade

A túa opinión é un tesouro para nós

ESCRÍBENOS AS TÚAS SUXESTIÓNS, AS OLAS FARÁN QUE NOS CHEGUEN

© 2018 MULLERES ATLÂNTICAS. TODOS OS DEREITOS RESERVADOS.
MAQUETADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO GUSTO PARA TODAS AS MULLERES ATLÂNTICAS.