CARMEN COPERÍAS

Mulleres aTLÁNTICAS - Ficha

Proxecto: Rayonubesol Photo
Sector: Audiovisual
Especialidade: Fotografía social e corporativa

En Rayonubesol Photo non estou sola, acompáñame no difícil camiño do emprendemento o meu compañeiro Diego. Ainda que sempre traballamos xuntos, eu encárgome da parte organizativa, económica e burocrática ademáis das redes sociais e él da imaxe corporativa e web. Se ben é certo que o eixe central de Rayonubesol Photo son as vodas, tamén nos gusta a fotografía corporativa, de producto, de eventos e a fotografía contemporánea. Cando traballamos nunha voda ou en calquera evento, sempre buscamos novas imaxes, novos recursos, formas diferentes de capturar imaxes da xente que nos rodea. E por iso nos encanta pensar no próximo evento; unha nova oportunidade de facelo mellor, de sacar o mellor de cada situación, de encontrar novas caras, detalles ocultos e a alegría da xente emocionada. En resumidas contas....apasióname a fotografía!

Os intereses de Rayonubesol Photo e facer crecer o seu proxecto e que este le dé moitas alegrías. También gustalle o arte, ler cando pode, as series e o cine do de verdade. O seu principal obxectivo de negocio e chegar a ter un estilo definido tanto estética como emocionalmente e conseguir transmitir coas suas fotografías todo eso que ven a través do obxetivo.

¿Qué revolucionaría o seu proxecto? É algo difícil de saber, ainda estns nos inicios e calquera avance é ben recibido.

De Mulleres Atlânticas espera recibir como ela misma nos conta: "Principalmente busco estar rodeada de persoas que teñan inquietudes de verdade, das que aprender moito e poder compartir en comunidade todo iso que é difícil de expresar cando alguén non está dentro deste difícil mundo do autónomo. Igualmente espero poder colaborar en todo o que poida e axudar a que a comunidade siga adiante e creza".

 

¿Qué ofrece Rayonubesol Photo á comunidade?

DESCONTOS, COLABORACIÓNS OU INTERCAMBIOS D SERVIZOS

Súmate á nosa lista de correo agora e pesca un 5% desconto en calquer membresía!

Formando parte da nosa rede recibirás de primeira man as nosas mensaxes embotelladas. Suscríbete agora para estar sempre á ultima das novidades e aventuras da comunidade e desfruta do teu desconto de BENVIDA en calquer produto da tenda Atlântica.

Acepto as condicións de uso e política de privacidade

¿Ves a navegar con nós?

ESCRÍBENOS AS TÚAS SUXESTIÓNS, AS OLAS FARÁN QUE NOS CHEGUEN

© 2019 MULLERES ATLÂNTICAS. TODOS OS DEREITOS RESERVADOS.
MAQUETADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO GUSTO PARA TODAS AS MULLERES ATLÂNTICAS.
IN PROGRESS, MELLORA CONTÍNUA E MANTEMENTO WEB DA MAN DO EQUIPAZO SALADO DE IVORY SOLUCIONES.