CARMELA SERANTES

Mulleres Atlânticas - Carmela
Mulleres aTLÁNTICAS - Ficha

Proxecto: The Goood Shop
Sector: Ecommerce
Especialidade: Sostibilidade e marcas éticas

The Goood Shop é unha tenda online onde as historias son tan importantes coma os productos. Aquí atoparás unha boa selección de roupa, complementos e decoración fabricados de forma ética e local e poderás descubrir a historia das persoas que os fabrican. The Goood Shop é unha iniciativa dunha publicista desexosa de facer máis visibles as boas marcas e de demostrar que o consumo responsable, ademáis de necesario, é un pracer. O pracer que produce descubrir e formar parte das boas historias.

Intereses:

Encántame ler e escribir, o cine e o teatro. Apaixóame a natureza e tamén viaxar e patear cidades. Estou moi comprometida co comercio xusto e coas loitas medioambientais, creo que todas deberiamos ralentizar o ritmo, traballar e consumir menos pero mellor.

¿Qué podes ofrecer á comunidade?
Un 5% de desconto nos meus productos e servizos.
Principal obxectivo de negocio:

Fomentar o consumo responsable e darlles visibilidade e protagonismo ás boas marcas e ás súas historias a través da comunicación.

¿Qué revolucionaria o teu proxecto?

Deslocalizarse a unha aldea galega. Volverse rural. Encántame a cidade pero o soño sería ter a miña oficina nun lugar onde as vistas foran verdes, o aire limpo e a natureza o invadira todo.

¿Qué esperas recibir da comunidade?
Busco poñerlle cara e voz á comunidade emprendedora feminina de Galicia, colaborar, crear proxectos xuntas e, en definitiva, axudarnos a medrar xuntas.

 

¿Ves a navegar con nós?

CONSULTA AS VACANTES DISPOÑIBLES OU CÓNTANOS COMO CHE GUSTARÍA INVOLUCRARTE!

Recibe cada mes

a túa mensaxe na botella

Acepto as condicións de uso e política de privacidade

A túa opinión é un tesouro para nós

ESCRÍBENOS AS TÚAS SUXESTIÓNS, AS OLAS FARÁN QUE NOS CHEGUEN

© 2019 MULLERES ATLÂNTICAS. TODOS OS DEREITOS RESERVADOS.
MAQUETADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO GUSTO PARA TODAS AS MULLERES ATLÂNTICAS.
IN PROGRESS, MELLORA CONTÍNUA E MANTEMENTO WEB DA MAN DO EQUIPAZO SALADO DE IVORY SOLUCIONES.