Somos unha comunidade de mulleres emprendedoras do noroeste da Península que comparte un sentimento, unha cultura e unha visión. Servimos de punto de encontro para xerar sinerxías entre as mulleres emprendedoras galegas e do norte de Portugal.
O noso porto de destino é ese lugar onde se crean espazos de conexión tanto físicos como dixitais, entre mulleres atlánticas, que favorecen o crecemento e a creación en rede.
Remamos cada día unhas cantas millas para ser recoñecidas como unha comunidade de emprendedoras forte, cun sentimento arraigado e que busca ser a referencia no noroeste da península.
Comunidade, visibilidade e crecemento: esas son as correntes que nos moven e que nos impulsan para seguir navegando por todos os mares.